Publicidad. El sistema magico
Coido que podemos dividir o texto a tratar en dúas partes ben diferenciadas.
Na primeira, o autor explícanos a historia da publicidade na Gran Bretaña comezando no século XVII. As primeiras tácticas da publicidade foron unha especie de anuncios por …ver más…
O capitalismo móvese a través da insatisfacción, das necesidades non resoltas, como apuntou o propio Marx. Esta sensación de insatisfacción xeral e irresoluble opera como forza motivadora na reprodución das sociedades modernas. Se as persoas deixasen de sentirse insatisfeitas (coas súas posesións materiais, coa súa posición social, coas súas relacións persoais), a sociedade moderna xa non podería reproducirse a si mesma. A publicidade nace desa necesidade de vernos satisfeitos: dise da nosa sociedade que é plenamente materialista, que só entendemos a boa vida, a vida plena, segundo os bens que teñamos. Pero de ser realmente así, se de verdade fósemos consumistas “por natureza”, a maioría da publicidade non tería sentido. Pero naceu para convencernos, para cantarnos as marabillas dos produtos e facernos ver que nos son imprescindibles ou que se mercamos o que nese momento se atopa de moda, ascenderemos irremediablemente de clase dentro da sociedade capitalista actual.
A mesma sociedade na que os factores de produción se atopan nas mans duns poucos, polo que intentarán, mediante a publicidade, impoñernos como prioridade o que a eles lles interesa. Así, torna a sociedade actual, onde o mantemento do sistema económico é máis importante que garantir a calidade social. Un exemplo moi claro témolo na crise que estamos a sufrir actualmente, pois os temidos “recortes”,