PAU 2014 Lingua Galega
4234 palabras
17 páginas
Código: 02PAU
XUÑO 2014
LINGUA GALEGA E LITERATURA
OPCIÓN A
2
4
6
8
10
12
14
16
18
Ás veces me pregunto por que eu non son
Como as demais mulleres: amar sen desacougo
Poñer en paz o corazón e a mente
Agardar con paciencia que baixen as augas
Nas crecidas do río
Resignarse á evidencia aceptar os desaires
E rezar en silencio ou chorar entrementres
As bágoas máis amargas enriba da almofada
Sempre ocultando a ira. Sempre con mansedume
Cun sorriso nos labios. Non. Eu non son daquelas
Que cantan ás flores e ás pombas xa o sei
A min mátame a sede. A min fáltame o aire
Levo un cravo moi fondo de amor e de paixón
Nin o podo arrincar que arrincaría a alma
Prendería o lume que me queima por dentro
Eu non son daquelas que cantan ás flores e ás …ver más…
Se a capacidade de reter información foi a que nos fixo chegar ata aquí, alén do actual coñecemento sobre cales son os coches máis eficientes e as mellores marcas de roupa ou calzado, por que non manter esta información vital? Estamos seguros que esa bagaxe non nos vai servir no futuro? Non nos serve hoxe?
Adaptado de Ramsés Pérez, en Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 59 (2009)
1. Indica cal é o tema do texto e fai un breve resumo do seu contido. [1 punto]
2. Fai un esquema coa estrutura do texto, indicando os núcleos de contido de cada parte. [1 punto]
3. Expón, de maneira argumentada, a túa opinión persoal sobre o problema de que trata o texto. Presta atención ás preguntas formuladas ao final do mesmo. (Extensión aprox. 200-250 palabras). [3 puntos]
4. Indica: a) un sinónimo e un antónimo das seguintes palabras do texto (na acepción que teñen nel): desapareceu (liña 7), maiores (liña 11), sabedoría (liña 13), rememorar (liña 15); e b) o hiperónimo do que mazás, espárragos e empanadas (liñas 8-9) son cohipónimos. [1 punto]
5. Fíxate ben: Por que non manter esa información vital? e Estamos seguros que esa bagaxe non nos vai servir no futuro? (liñas 18-19) son oracións interrogativas de dúas clases distintas. Que diferenzas hai entre un e outro tipo de interrogacións? [1 punto]
6. Responde unha destas dúas preguntas. (Escolle só unha; extensión aprox. 200-250