Os 2 anos de maruja mallo en viveiro
2427 palabras
10 páginas
Os dous anos de Maruja Mallo no Viveiro señorial de 1902-O seu nome real era Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González; case nunca especificou a súa orixe viveirense anque falaba a miudo das súas raíces celtas
Ata fai ben poucos anos, relativamente, moitas tiñan sido as sombras existentes encol da natureza viveiresa da universal pintora Maruja Mallo. Os motivos foron variados, por un lado estarían as propias circunstancias -que logo explicaremos do seu nacimento en Viveiro-, así como o constante fado mistérico que a mesma pintora surrealista axudou a recrear, manifestando repetidamente que era «celta» de nación, pero sen especificar a penas a súa orixe viveiresa, mentres que, por outra banda, tamén resultaba usual atoparmo-nos co …ver más…
Da importancia económica do porto de Viveiro en 1900, dannos boa mostra o valor total de exportacións e importacións que ascendeu a 47.683 pesetas, así como a existencia de tres casas de banca, de carácter familiar, tres viceconsulados (Francia, Inglaterra e Uruguay), unha Alfándega, un corredor de Alfándegas e dous corredores de comercio. Foi, precisamente, con este panorama neo-industrial, cun importante movimento portuario, cara á exportación, co que se atopou a súa chegada a Viveiro a familia de Maruja Mallo.
Justo Gómez Mallo, natural de Madrid, de profesión Administrador de Alfándegas foi destinado a Viveiro en Agosto de 1901, anteriormente tiña desenvolvido a súa profisión, que comenzara en 1892, nas poboacións de Luarca, Vigo, Frexeneda, Xixón, Verín e Marín. En 1895 casárase en Vigo, na igrexa de Santiago, coa viguesa Mª do Pilar González Lorenzo, de cuxo matrimonio tivera até ise momento duas fillas e un fillo: Emilia (1896), María Manuela Josefa (1897) e José Justo (1900). Con anterioridade á chegada da familia Gómez González a Viveiro, o semanario local El Eco de Vivero (30-6-1901), xa tiña anunciado o resultado do concurso de traslados despedindo xentilmente ao anterior Administrador, que, curiosamente, pasaba a ocupar a praza deixada por Justo Gómez Mallo en Marín:
«Ha sido trasladado á Marín el Administrador de la Aduana de esta ciudad, Sr. D. Mariano Alberny, que durante su estancia entre nosotros se ha captado generales