Ensayo de argumentacion juridica
Nos nosos días a teoría da evolución por selección natural é incuestionable: esta explica como a partir de certa enerxía inicial, a vida foi evolucionando lentamente e acadando formas de maior complexidade ata chegar ao ser humano actual. Pero durante séculos foi a teoría fixista a que explicaba o problema: “As especies son invariables, son fixas a través do tempo”. O cristianismo deulle o enfoque relixioso a esta teoría, facéndoa coincidir co relato bíblico do Xéneses (creacionismo): “Foron creadas por Deus tal e como as coñecemos agora”.
Evolucionismo biolóxico é a teoría que explica como os diferentes seres vivos que hai na actualidade proceden duns …ver más…
Tanto Wallace como Darwin admitían claramente que as especies varían e diversifícanse dando lugar a outras novas. Explican esta variación acudindo á selección natural. A poboación de cada especie tende a aumentar en progresión xeométrica, o que fai que escasee o alimento e dificulte a vida na comunidade (influencia de Malthus). Darwin retomando esta idea dos recursos limitados conclúe que sumados ao cambio ambiental non todos os organismos sobreviven igual, o que implica que sobrevive o que ten pequenas variacións con respecto aos da súa especie que lle permiten alimentarse e reproducirse mellor. Os seres vivos loitan pola súa existencia, isto é, polo alimento e a reproducción. Os individuos máis fortes que teñen mellores órganos para a defensa e a alimentación, son tamén os que mellor se reproducen transmitindo aos seus descendentes os seus caracteres. A selección natural é un proceso negativo: é o medio que elimina aos individuos que non están adaptados a ese ambiente, os que non teñen os caracteres adecuados para se alimentar. Por exemplo, ter un pico longo e flexible nunha estación na que o único alimento dispoñible son froitos de cáscara dura. Así, de forma lenta pero continua, a especie vai variando, os novos individuos van estando cada vez mellor adaptados ao medio no que viven, debido á achega hereditaria dos proxenitores.Pero o principal defecto