Erros E Tánatos
766 palabras
3 páginas
1. Escribe o argumento de A PROBA DO ALFINETE.A PROBA DO ALFINETE comeza relatando a vida de Ernesto. O soño deste personaxe é ser detective pero a súa nai oponse a esta idea e non quere que siga esta carreira. Aínda que está rotundamente en contra, deixou a Ernesto que ocupase o cuarto de invitados para formar o seu propio despacho de detective con todas as súas pescudas. Tamén ocupou o baño para crear o seu estudo fotográfico.
Todo era como sempre, referíndome a que todos os días pechábase no seu cuarto a seguir algunha investigación, ata que descubriu a chegada duns veciños novos. Eran panameños, polo que, seguindo os ideais del, Ernesto estaba seguro de que eran narcotraficantes e non ía parar ata que se descubrise a verdade. …ver más…
Xusto cando estaba lendo esta escrita no seu cuarto escoitou o grito da súa nai e máis tarde alguén petando na súa porta para que abrira. Debía ser eles.
2. Analiza o relato que máis chamou a túa atención.
Para min a historia que quizais me sorprendeu máis foi O AMIGO DELMIRO pero indo pola parte do final onde a filla do amigo de Delmiro pensa que este é un ladrón e que en realidade non falaba co seu pai por teléfono. Eu, conforme ía lendo a historia, tamén pensaba como Rosiña, por iso me sorprendeu cando chama Waldo, o pai desta, para ver se seguía alí Delmiro e continuar coa conversa. No principio deste relato cando vin as confianzas que tiña co pai de Waldo e foi a súa casa, tamén pensaba que non era de confianza e se iso me pasara na realidade eu quizais respondería do mesmo xeito que Rosiña, aínda que no final deume un pouco de pena Delmiro xa que en realidade non tiña nada de malo e dicía toda a verdade.
3. Analiza o personaxe que che resultou máis interesante.
O personaxe que me resultou máis interesante foi o protagonista de CASTELOS DE AREA polo simple feito que de non gañara competición quería vingarse dun xeito moi cruel co xurado. Eu no seu caso, se vise que o meu castelo fose o mellor e non recibise ningún premio merecéndoo, non respondería de tal maneira e a min esa actitude non me parece a máis axeitada, aínda que polo o que lin e sabendo que