Página anterior Voltar ao início do trabalhoPágina seguinte 


A empresa: concepto, elementos e obxectivos (página 2)

Alicia V.M.

Sector primario: obteñen os seus bens directamente da natureza como as pesqueiras, agrícolas, gandeiras e forestais. Exemplos: PESCANOVA ( captura de peixe); empresa que corta madeira e almacenaa

  • Sector secundario: empresas extractivas,empresas que transforman os produtos do sector primario ou que fabrican novos productos. Xemplos: minas, os troncos transformados en taboeiros de madeira, o peixe capturado transformado en "varitas", Citröen.

  • Sector terciario: ofrece bens e servizos. Exemplos: Alcampo, PESCANOVA (venta do producto), hoteis.

  • Atendendo o grado de participación no estado

  • empresas públicas, aquelas nas que o capital pertence na súa totalidade a algunha Administración Publica.

  • Empresas privadas, aquelas nas que o capital pertence na súa totalidade a particulares, sexan persoas físicas ou xurídicas.

  • Empresas de participación mixta, aquelas nas que o capital pertence nunha parte a particulares e no resto a algunha Administración pública.

  • Atendendo á existencia ou non dun proceso de elaboración do producto.

  • Empresas comerciais, aquelas que venden os productos que se compran sen ningún tipo de transformación.

  • Empresas industriais, aquelas que ofrecen un producto propio e que obteñen da transformación de recursos adquiridos previamente.

  • Empresas de servicios,aquelas que non ofrecen ningún producto pois prestan un determinado servicio.

  • Atendendo ó seu tamaño ou dimensión:

  • PEMES

  • Grandes empresas

  • A organización empresarial

    Estructura que permite coordinar tódolos elementos da empresa (humano, material) coa finalidade de conseguir a máxima eficiencia, utilizando para elo normas e relación de tipo xerárquico, comunicativo e delimitando a responsabilidade e autoridade de cada un dentro de esa estructura.

    FASES:

    • Identificación e clasificación das actividades precisas para alcanzar os obxectivos previamente establecidos.

    • DIstribución das activades entre os diferentes grupos humanos que conforman a estructura da empresa, é dicir asignación dos diferentes niveis de competencia, responsabilidade e autoridade.

    • Coordinación:das relacións e comunicación entre os distintos membros da organización, é dicir, delimitan do dos responsables que quenes se deben recibir ordes, ante quenes se poden plantexar propostas e cales son os órganos fronte aos que se deben rendir contas.

    Os principios organizativos

    Os principios organizativos permiten estructurar a empresa. Podemos falar de:

    • Unidade de obxectivo: toda empresa debe loitar por acadar un único obxectivo

    • Unidade de mando: as instruccións de dous ou mais xefes non deben entrar en conflicto

    • Alcance de control: é necesario determinar o número de persoas que un xefe pode dirixir, controlar e coordinar con efectividade.

    • Delegación de autoridade e responsabilidade: a delegación consiste en asignar unha tarefa propia a un subordinado, darlle liberdade e responsabilidade para desenvolvela, baixo o control do resonsable.

    • Principio de xerarquía: debe existir unha liña clara de autoridade que permita establecer relacións xerárquicas coas que delimitar a responsabilidade de cada individuo

    • Principio de división e especialización do traballo: a especialización é unha consecuencia lóxica da división do traballo. Dividir o traballo significa fraccionar unha actividade en tarefas mais sinxelas, co que se conseguirá maior eficacia e por tanto maior productividade. A división vai permitir:

    A realización de actividades complexas para realizar unha soa persoa, por motivos materiais, físicos ou de coñecemento, fai que se dividan e así poidan asumilos varios traballadores especializados.

    Aproveitamento de habilidades e destrezas de cada individuo, permite desenvolver mellor unhas tarefas que outros

    • Principio de motivación e participación do persoal, a motivación do persoal, así coma a súa integración e participación na empresa son aspectos a ter en conta ca vez máis pola organización.

    Estructura organizativa

    Tendo en conta o grao de delegación que hai en toda organización

    • Organización descentralizada, require unha rede de coordinación entre as diferentes partes de empresa, co fin de evitar duplicidade nas operacións. Pode chegar o descentralizarse por:

    • Alivio de carga de traballo o nivel directivo superior.

    • Facilitar a diversificación de actividades e tarefas.

    • Toma de decisións no lugar, tempo e nivel xerárquico apropiado.

    • Aproveitar ideas e iniciativas do persoal.

    • Organización centralizada, a autoridade e responsabilidade atópase nos niveis superiores da organización, as decisións importante son tomadas por poucas persoas. A centralización é precisa cando:

    • Facilitar a dirección persoal da empresa, sobre todo nas empresas pequenas e nas primeiras fases de desenvolvemento.

    • Nas situacións e emerxencia, as decisións deben tomarse de forma rápida.

    • A organización centralizada pode presentar problemas de coordinación e comunicación horizontal entre os diferentes departamentos.

    Tendo en conta as relacións entre os diferentes grupos:

    • Organización formal, as relacións entre grupos están definidas e identificadas e as activades de cada membro están perfectamente delimitadas, así coma súa responsabilidade e autoridade.

    • Organización informal, rede de relacións persoais e sociais non establecidas pola organización, senón que se produce de forma espontánea cando as persoas se relacionan entre si.

    TIPOS DE ESTRUCTURAS ORGANIZATIVAS

    • En liña, basase no principio de unidade de mando, e dicir, autoridade directa do xefe sobre os seus subordinados. As ordes nacen na alta dirección e logo van descendendo ata os niveis inferiores. Nesta estructura as comunicacións son moi lentas, ademais presentan problemas de flexibilidade para adaptarse aos cambios do contorno. Ex: organización militar, empresas pequenas...

    • En liña e staff, combinase a relación de autoridade directa coa consulta e asesoramento dos departamentos chamados staffs. Os directivos destes, teñen autoridade sobre os directivos en liña. A función dos staffs é a relación de tarefas especializados que non realizan os outros departamentos. Ex: control de calidade, I+D, auditoría interna (control de toda a organización da empresa).

    • En comite, a autoridade e responsabilidade son compartidos conxuntamente por un grupo de persoas. Poden se de caracter permanente ou circunstancial. A toma de decisións soe ralentizarse.

    • EStructura divisional, consiste na descentralización das súas actividades operativas e funcionais. Desta descentralización xorden unha serie de divisións que soen responder a algún dos seguintes criterios:

    • División por productos

    • División por clientes

    • DIvisión por territorios ou zonas xeográficas

    • MATRICIAL, estructura organizativa de caracter flexible e capacidade para afrontar problemas importantes e na que especialistas de diferentes partes da organización se unen para proxectos específicos. Empregase conxuntamente CIA estructura en liña e staff. Ex. Misións espaciais....

    • Funcional, a organización estructurase ao redor das diferentes funcións que se levan a cabo na empresa. Cada función diríxea un especialista (principio de especialización) e cada persoa deberá recibir ordes só dun xefe (principio de unidade de mando). Por enriba dos responsables de cada area atópase a alta dirección. E unha estructura polo xeral centralizada, co cal, pode presentar problemas de coordinación e comunicación.

    • Organización en trebol, esta organización ten en conta a evolución do emprego e trata de reducir os custos fixos a través da contratación.

    • Traballo profesionaL,realizan tarefas que requiren unha formación e especialización profesional. Forman parte da estructura da organización. Núcleo de traballadores mais pequenos e altamente cualificado. Deben estar ben retribuídos.

    • Traballo flexible, formado por traballadores cunha formación elemental, fáciles de sustituir e en xeral realizan tarefas repetitivas e de apoio a principal. O traballo soe ser temporal ou parcial. Non ten porque se un grupo ben retribuído xa que son postos de fácil cobertura.

    • SUbcontratación, empresa allea a organización que a súa retribución vai en función da calidade e os resultados obtidos. Tratase de traballos necesarios pero non esenciais. Soe resultar máis cómoda e barata.

    • Alta dirección, formada por poucas persoas que se encargan da coordinación das outras partes da organización e da toma de decisións.

    O organigrama

    Organigrama: representación gráfica da estructura formal da organización.

    Tipos:

    • Atendendo a súa finalidade

    • Organigramas informativos, representan a totalidade da estructura organizativa da empresa, sen entrar en detalle.

    • Organigrama analíticos, representan a totalidade da estructura organizativa da empresa. Deben se o máis precisos e detallados posibles.

    • Atendendo a súa forma gráfica

    • Organigrama concéntrico ou radial. Os niveis de maior categorías aparecen no centro do organigrama e os restantes figuran o seu arredor.

    • Organigrama horizontaL, os niveis de maior categoría aparecen a un lado, polo xeral a esquerda.

    • Organigrama vertical, os niveis de maior categoría aparecen na parte superior do organigrama e os restantes por debaixo del.

    • Organigrama piramidal, consiste en representar unha pirámide divida horizontalmente en varias partes que representan diferentes niveis de autoridade.

    • Organigrama escalar, a organización divídese en departamentos e subdepartamentos.

    • Organigrama en lambda, supón mixturar organigramas horizontais e verticais. É útil cando a organización ten dividida a súa actividade nunha serie de areas xeográficas.

    • Atendendo a súa extensión

    • Organigramas xerais, aportan visión en conxunto da empresa,

    • Organigramas parciais ou de detallE, aportan unha visión dunha ou varias areas da empresa que se queren destacar do resto da organización.

    • Atendendo o seu contido

    • Organigramas estructurais: representan as áreas da empresa e as súas conexións

    • Organigramas funcionais: completan aos organigramas estructurais engaden as áreas da empresa as súas funcións

    • Organigramas de persoal: conteñen a denominación do departamento ( nome e rango da persoa responsable)

    Concepto departamento

    Diferentes grupos de persoas e actividades que gozan dunha certa autonomía para o desempeño dunha serie de funcións.

    A DEPARTAMENTALIZACIÓN

    Consiste en dividir á empresa en diferentes departamentos, é dicir, en diferentes grupos de persoas e actividades que gozan dunha certa autonomía para o desempeño dunha serie de funcións. A departamentalización está relacionada coa estructura organizativa da empresa e pode representarse a través de organigramas. Tipos de departamentalización:

    • Departamentalización xeográfica: existen uns departamentos centrais dos que dependen os demais distribuídos por zonas xeográficas.

    • Departamentalización por clientes e por canles de distribución: realizase en función das características dos clientes ou en función dos intermediarios que utilizan para a distribución do producto.

    • Departamentalización por funcións: fórmase atendendo ás funcións fundamentais

    • Departamentalización por productos ou servizos: dáse en empresas que ofrecen productos ou servizos ben diferenciados. Crean departamentos atendendo ás diferentes liñas ou gamas de producción.

    • Departamentalización por procesos: distribue o persoal e os recursos de acordo coas diferentes fases do proceso

    • Outras departamentalizacións

     

     

     

    Alicia V. M.

    alicia-vm[arroba]hotmail.com



     Página anterior Voltar ao início do trabalhoPágina seguinte 



    As opiniões expressas em todos os documentos publicados aqui neste site são de responsabilidade exclusiva dos autores e não de Monografias.com. O objetivo de Monografias.com é disponibilizar o conhecimento para toda a sua comunidade. É de responsabilidade de cada leitor o eventual uso que venha a fazer desta informação. Em qualquer caso é obrigatória a citação bibliográfica completa, incluindo o autor e o site Monografias.com.