Empresa: unidade económica de producción que permite a satisfacción de necesidades humanas a traves da oferta de bens e servizos.
Factor humano: formado polas persoas que teñen unha vinculación directa coa empresa. Cabe distingir entre:
Os propietarios: asumen o risco da iniciativa ou investimento empresarial.
Os traballadores: a traves dun contrato ofrecen os seus coñecementos e disposición a cambio dun salario
.O factor directivo = administradores: asumen a responsabilidade e dirección da xestión empresarial.
Os factores materiais: conxunto de bens económicos que van a formar o capital fixo e o circulante
Capital fixo: bens que van permanecer na empresa un longo período de tempo
Capital circulante: bens que se renovan en cada exercicio económico
Organización: estructura que permite coordinar tódolos factores ou elementos da empresa (humano, material) coa finalidade de conseguir a máxima eficiencia, utilizando para elo normas e racións de tipo xerárquico e, comunicativo e delimitando a responsabilidade e autoridade de cada un dentro de esa estructura. Para que a organización funcione é preciso:
Establecer un fin común que permita alcanzar á empresa os seus obxectivos.
Combinar axeitadamente os factores productivos (eficiencia).
Distribuír as funcións entre o factor humano da empresa...
Contorno: marco externo no que está inmersa a empresa, é dicir, todo o que é alleo a empresa.
Supervivencia: permañecer no mercado o máximo tempo posible
Medrar: permite ampliar mercado e en principio traballar con custos baixos. Pode ser :
Vertical: permite medrar dentro do sector de actividade
Horizontal: permite medrar noutros sectores de actividade
Maximizar resultados, facer máxima a diferencia entre ingresos e custos, ou o que é o mesmo, maximizar os beneficios e minimizar os custos.
Alcanzar determinados fins sociais mellora do nivel de vida dunha determinada zona, ofertas de postos de traballo...
Outros
EFICACIA: cumplense os obxectivos
EFICIENCIA: logralos obxectivos no menor tempo posible e co menor custo posible. Primeiro analizase a eficiencia técnica e logo a económica.
Eficiencia tecnica: os menos recursos materiais posibles pero mantendo a calidade
Eficiencia económica: os menos gastos posibles, é dicir, aforrar custos
Atendendo a súa forma xurídica:
Empresas de resonsabilidade ilimitada: os propietarios fanse cargo das débedas con tódolos seus bens. Tipos:
Subsidiaria: primeiro sobre os bens da emresa e se estes non fosen suficientes irian sobre os propios
Solidaria: no caso de que haxa mais dun socio o banco pode elixir a un só socio ara que pague a débeda
Mancomunal: no caso de haber dous socios o banco esixiría lles os socios que pagasen o mesmo tanto opor cen do que os socios teñan na empresa.
Empresas de responsabilidade limitada: os seus propietarios fanse cargo das débedas co patrimonio aortado. Exemplos: S.A. ; S.L.
Empresas de responsabilidade mixta: existe para algúns propietarios responsabilidade ilimitada e para os restantes responsabilidade limitada. Exemplos: S. Comanditaria
Segundo o seu sector de actividade:
Página seguinte |
|
|