análisis película SEMPRE XONXA
735 palabras
3 páginas
FICHA TÉCNICATitulo:
Sempre Xonxa
Ano:
1989
Orixe:
Galicia
Duración:
114´
Xénero:
Drama
Director:
Chano Piñeiro
Produtora:
Luciano Piñeiro Producións Cinematográficas S.A./ TVG
Intérpretes: Uxía Blanco, Manuel Alonso Pérez, Manuel Botana, Roberto Casteleiro, Margarita
Fernández, Roberto Fernández, Miguel Ángel Gómez, Miguel Ínsua, Loles León,
Xavier R. Lourido, Aurora Redondo, Javier Rocha, Rodrigo Roel, Gisela Romero,
Roberto Vidal Bolaño, María Viñas, Roberto “Txaka” Escudero
COMENTARIO
Sempre Xonxa é unha longametraxe dirixida por Chano Piñeiro e estreado no ano 1989 en Galicia. Esta foi unha das primeiras películas de ficción en galego e é considerada por moitos como o clásico galego …ver más…
En canto ás prácticas e tradicións que son costume destes pobos de Galicia, pode destacar nesta película o temor á relixión, as lendas e contos populares, o Entroido de verán, a presenzas dos animais (especialmente vacas) como papeis secundarios dentro de toda a historia, a recolleita das froitas no verán, etc. Ademais, é preciso mencionar o papel do “Caladiño” (o tolo do pobo) pois entronca coa Galicia mística e lendaria. Este personaxe permite que a película, marcadamente realista, adquira certa maxia propia galega, ó contarlle os rapaces historias sobre tesouros ou o tentar facer actos que simulan os das meigas.
Por outra parte, e en canto á estrutura da película, esta destaca pola súa orixinalidade. Para contala historia Chano Piñeiro divide a película en catro episodios, que se corresponden coas catro estacións do ano. A primavera, que representa a infancia dos protagonistas; o verán, que reflexa a puberdade; o outono, caracterizado pola madurez e a forzosa emigración que esta supón; e, por último, o inverno, que reflicte a vellez e o retorno dos emigrados.
Este feito, aínda que non chama a atención nun primeiro momento, enriquece en grande medida a historia pois permite que uns mesmos espazos naturais sexan percibidos de xeito totalmente diferente. Este feito, ademais de permitir