Cuidados de enfermeria en la administracion de antibioticos
Contexto
A civilización grega orixinouse no Mediterráneo, na península balcánica e nas illas que a rodean. Un releve abrupto e un duro clima lanzaron aos gregos ao mar. Este foi un dos elementos fundamentais da vida grega, ao permitiren a chegada de influencias e, ao tempo, seren camiño para que as creacións gregas se espallasen polo mundo (colonizacións).
A historia de Grecia é a historia dun pobo que vivía en polis (cidades-estado) organizadas de xeito independente pero cunha lingua, relixión e cultura comúns. Este pobo soubo aglutinar as influencias das antigas civilizacións (sobre todo de exipcios, cretenses e micénicos) e crear unha cultura única. O seu legado constitúe a base da …ver más…
• Helenístico (s.s. IV-II a. C.). A morte de Alexandre divide ao Imperio e Grecia acabará sendo dominada polos romanos. A arte grega ábrese ás influencias orientais. Perde a escala humana facéndose colosal. Importancia do urbanismo.
1. TRAZOS máis importantes da civilización grega que influirán na arte:
Preocupación polo Home: Antropocentrismo (o home é a medida de tódalas cousas, Protágoras): arquitectura e escultura amósano (proporción, escala humana, ideal de beleza...).
Organización política: A polis (cidade-estado: autónoma en política; autárquica en economía; con lingua, relixión, pensamento e arte comúns ás demais cidades-estado): a parte alta ou acrópole, cidade dos deuses, e a baixa, a cidade dos homes, esixen planificación urbanística, edificios para desenvolver as actividades, ...
Ideal político grego: A democracia, as institucións políticas (Asemblea, Consello, maxistraturas...) precisan de espazos e edificios públicos... ao servizo de todos os cidadáns.
Pensamento: A racionalidade, orde, ... influirán decisivamente na arte (liñas rectas, ordes arquitectónicas, proporción,...).
Relixiosidade: O culto aos deuses da cidade e dos grandes santuarios unía aos gregos: necesidade de templos, estatuas, relevos... para honrarlles.
2. A POLIS
2.1. O ESPAZO DA POLIS, da cidade, ten que ser planificado para servir a tres funcións: militar e relixiosa (acrópole, lugar inaccesible), económica (parte baixa da